Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muxía

ANUNCIO de expediente incoado por Gandería SanMartín, S.C.

De acordo co establecido no Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, publícase durante o prazo de vinte (20) días o expediente incoado por Gandería SanMartín, S.C., para a legalización da obra de ampliación dunha explotación gandeira en San Martiño de Ozón (Muxía), co fin de que os interesados no expediente poidan presentar as alegacións que xulguen oportunas.

Muxía, 24 de xaneiro de 2013

Félix Porto Serantes
Alcalde