Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7123

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de información pública sobre actualización de instalacións existentes de actividade industrial de fábrica de mangos á lexislación vixente (expediente 1675/2012).

Na Sección de Urbanismo do Concello de Barro estase a tramitar expediente de concesión de licenza para a apertura do seguinte establecemento:

Actividade: actualización de instalacións existentes de actividade industrial de fábrica de mangos á lexislación vixente.

Situación: lugar de Porráns 1B (Barro), polígono 504, parcela 649.

Solicitante: Mangos Maquieira, S.L.

Expediente: 1675/2012.

En cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o prazo de vinte días.

Barro, 14 de febreiro de 2013

José Antonio Landín Eirín
Alcalde