Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0014/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesados: Manuela Bugarín Portas, Severino Camiña Vázquez.

Expediente: ES-P-0014/12.

Último domicilio coñecido: rúa Ador número 1, portal 2, 3º F, Salceda de Caselas, Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselles a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0014/12, en que se propón a sanción de 1.500,50 € de multa, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar os documentos ou xustificantes que consideren convenientes, no prazo de quince días contados desde o día seguinte ao da publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.