M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3387/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de José Lantero e hijos, S.A. e Flexiplan, S.A. contra a Consellería de Traballo e Benestar e outros sobre cesión ilegal, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da empresa José Lantero e hijos, S.A. e a empresa Flexiplan, ETT, S.A., contra a sentenza de data 20 de abril do ano 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Pontevedra, en proceso de oficio promovido pola Consellería de Traballo-Xunta de Galicia, contra José Lantero e hijos, S.A., a empresa Flexiplan, ETT, S.A., Juan Ángel Romero Fernández, José Antonio Navazas Santos, Mario González Bemposta, Diego Novas Castro, Carlos Domínguez Senra e Juan Carlos Míguez Canto, debemos confirmar e confirmamos a sentenza recorrida.
Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.
Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que conste e sirva de notificación a Juan Carlos Míguez Canto, Diego Novas Castro e Carlos Domínguez Senra, expido e asino a presente resolución.
A Coruña, 1 de febreiro de 2013
A secretaria xudicial