Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7064

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 27 de xuño de 2012.

Mediante a Resolución do 27 de agosto de 2012 (DOG nº 168, do 4 de setembro) publicáronse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012, e transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, unha vez examinadas estas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.

A lista de solicitantes admitidos atópase á disposición dos/das interesados/as no Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe «Función Pública».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Baliñas

Pazos

José Antonio

35442755P

84

Codesido

Vilar

Juan Carlos

32637943T

84

Escudero

Dans

David

32835913D

84

Formoso

Dosil

Adelino

33213136D

84

García

Pérez

Juan Manuel

32767432E

84

Navia

Tourís

José Luis

35452381C

84

Ordás

Patiño

Gerardo

35419083A

84

Piñeiro

Pouso

Ramón Javier

33274192T

84

Veiga

Bellón

Raúl

32658533M

84

Ventoso

Sieira

José Luis

52451818L

84

Cód. causa

Causa de exclusión

84

Nomeamento provisional - proc. selec. ordes do 29.11.2001