Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7134

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asomega

ANUNCIO de licitación pública polo que se convoca a XVII edición do premio Novoa Santos.

1. A Asociación de Médicos Galegos, Asomega, organiza o premio Novoa Santos convocando a XVII edición deste.

2. Colabora con Asomega na convocatoria, UNITECO.

As bases do premio son as seguintes:

1. Poderán tomar parte neste premio personalidades relevantes galegas ou directamente vinculadas a Galicia, da Medicina-Sanidade cuxo labor profesional ou científico fose de repercusión nacional ou internacional e especificamente de proxección cara a Galicia.

2. As propostas de candidatos deberán ser realizadas por: universidades, reais academias ou colexios profesionais de Medicina, Farmacia ou Veterinaria, sociedades centíficas, hospitais, fundacións etc., ou un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Currículum vitae do candidato en formato electrónico (PDF).

b) Unha memoria aducindo os méritos do candidato nun máximo de 5 follas (PDF).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia sobre o tema médico-sanitario, que considere foi o motivo do Premio Novoa Santos.

5. Non poderán ser candidatos os membros da Xunta Directiva de Asomega.

6. As solicitudes e documentación cuxa data límite de presentación é o 5 de abril de 2013, serán dirixidas ao secretario de Asomega, rúa Santa Cruz de Marcenado 31, 7º-22, 28015 Madrid. Teléfono: 677 04 60 72. Correo electrónico: asomegasecretaria@gmail.com

Premio:

1. O premio Novoa Santos será outorgado polo xurado constituído pola Xunta Directiva de Asomega. Para tal fin, celebrarase unha reunión da Xunta Directiva e a súa decisión, ante a cal non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 12.000 euros, diploma e medalla conmemorativa do premio Novoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mes de abril do mesmo ano, a Xunta Directiva de Asomega fará entrega do premio Novoa Santos ao galardoado, o cal pronunciará unha conferencia sobre o tema médico-sanitario que considere foi o motivo de tal mérito.

Madrid, 4 de marzo de 2013

Prof. Melchor Álvarez de Mon Soto
Presidente de Asomega