Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7136

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a subministración, instalación e posta en servizo de cinco analizadores automáticos na rede de vixilancia da calidade do aire de Sogama (NC 0003/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 1 de abril de 2013, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 11 de abril de 2013, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de Contratación Pública de Galicia www.contratosdegalicia.es

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10, As Encrobas, 15187 Cerceda (A Coruña), teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 1 de marzo de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.