Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a Ramón Torreiro González, Leonardo Bermúdez Taboada, José Luis Carreira Carreira e Juan Jesús Carril Ramos no P.O. 4779/2008 interposto contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 6 de outubro de 2008, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Arzúa (A Coruña), por ser requirido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2.

Nesta secretaría xeral recibiuse providencia do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso administrativo P.O. 4779/2008 interposto por Manuel Ramón Conde Valiño, Carlos Villanueva Sexto, Jesús Rodríguez Fernández, Jorge Castro Valiño, Juan José Camino Duro, Ramón-Luis Soto Lodeiro e Julio Costoya Valiño contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 6 de outubro de 2008 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Arzúa (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado na dita providencia, faise constar que o expediente foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o día 7 de xullo de 2009.

O que se notifica para proceder ao emprazamento de Ramón Torreiro González, Leonardo Bermúdez Taboada, José Luis Carreira Carreira e Juan Jesús Carril Ramos, para que poidan comparecer como demandados en autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas