Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a Luis Julio Vázquez Pena Núñez no P.O. 4463/2011 interposto contra a Resolución do 7 de xullo de 2011 sobre aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do PXOM do Concello de Curtis, no ámbito de equipamentos públicos de Curtis.

Nesta secretaría xeral recibiuse providencia do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso administrativo P.O. 4463/2011 interposto por Antonio Quintanilla Ventureira, Pilar Gómez Freire e 11 persoas máis contra a Resolución do 7 de xullo de 2011 sobre aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do PXOM do Concello de Curtis, no ámbito de equipamentos públicos de Curtis. Nesta providencia o órgano xudicial ordena o emprazamento de Luis Julio Vázquez Pena Núñez.

Para os efectos de cumprir o solicitado pola dita providencia, faise constar que o expediente foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o día 7 de xullo de 2009.

O que se notifica para proceder ao emprazamento de Luis Julio Vázquez Pena Núñez, para que poida comparecer como demandado en autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas