Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos PO-586/12 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo que se achega a proposta de resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio), en relación co artigo 29.1º.d) da LOSC.

Infórmase que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer ante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Fernandez Ladreda, 43, 9º, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións ditarase resolución cos efectos previstos no artigo 20 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

Ramón Pereiro Sandín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: PO-586/12 NL.

Denunciado: José Joel Apezteguia Caraballo.

NIF: 48094450R.

Establecemento: Sabor Cubano, sito na rúa Barcelona, baixo, nº 2, 36203 Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción proposta: 600 euros.