Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: recurso de alzada.

Interesada: Dolores Rodríguez Martínez.

Último enderezo coñecido: A Lardoeira, nº 5, Agudelo, 36190 Barro, Pontevedra.

Acto notificado:

Levantar a suspensión do acordo de concentración concedida por silencio administrativo e denegar expresamente a suspensión do acordo de concentración da zona Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra) solicitada no recurso de alzada interposto por Dolores Rodríguez Martínez, propietaria núm. 1558.

Desestimar o recurso de alzada interposto por Dolores Rodríguez Martínez, propietaria núm. 1558, contra o acordo de concentración parcelaria da zona Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíquese aos interesados conforme o establecido pola lexislación vixente.