Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 7005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: recurso de alzada.

Interesada: Genoveva Costas Casal.

Último enderezo coñecido: Quintáns, Noalla, 36990 Sanxenxo, Pontevedra.

Acto notificado:

Estimar o recurso de alzada interposto por Carmen Genoveva Buceta Costas, propietaria núm. 1266, contra o acordo de concentración parcelaria da zona Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra) e, en consecuencia, tal e como se reflicte nos planos que se achegan:

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 952 do polígono 6 (da propietaria núm. 1266, Carmen Genoveva Buceta Costas) que pasa a ter unha superficie de 1.045 m2 e 366,00 puntos de valor e atribuírlle, en compensación, o predio núm. 961 do polígono 6 cunha superficie de 2.123 m2 e 810,00 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 953 do polígono 6 (do propietario núm. 1214, José Ramón Vilas Martínez) que pasa a ter unha superficie de 338 m2 e 118,00 puntos de valor e atribuírlle, en compensación, o predio núm. 121 do polígono 2 cunha superficie de 3.346 m2 e 1.448,00 puntos de valor.

– Modificar a configuración xeométrica do predio núm. 122 do polígono 2 (da propietaria núm. 766, Celina Martínez Casal) que pasa a ter unha superficie de 3.747 m2 e 1.312,00 puntos de valor e atribuírlle, en compensación, o predio núm. 964 do polígono 6 cunha superficie de 4.580 m2 e 1.603,00 puntos de valor.

– Variar a configuración xeométrica do predio núm. 962 do polígono 6 (da propietaria núm. 330, Genoveva Costas Casal) sen que se modifiquen nin a súa superficie (3.817 m2) nin o seu valor (1.395,45 puntos).

– Variar a configuración xeométrica do predio núm. 963 do polígono 6 (do propietario núm. 446, Andrés Venerando Fontán Casal) sen que se modifiquen nin a súa superficie (4.000 m2) nin o seu valor (1.415,30 puntos).

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e cos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.