Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de febreiro 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica resolución de procedemento de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2008/550-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo resolución de procedemento de reintegro de subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 27 de agosto de 2008.

Faise saber que esta resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución ante esta Dirección Xeral de Emprego e Formación, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Instituto Azimut.

Enderezo: rúa Palavea, 82, 2º C, 15009 A Coruña.

Nº expediente: TR352A 2008/550-0.

Data da resolución do procedemento de reintegro: 5 de febreiro de 2013.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a), da Orde do 19 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2008, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que ten que reintegrar: 49,46 euros.