Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, non suxeita a regulación harmonizada, dun servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da Rede Eusumo (expediente 2013.11.TES.A.).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica- Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela ou na web:
www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 74 56. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: www.contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo para a realización de actividades de asesoramento, acompañamento de proxectos empresariais cooperativos, dinamización e promoción do cooperativismo e a economía social, dentro da Rede Eusumo.

3. Prazo de execución do contrato: desde a formalización do contrato ata o 15 de decembro de 2013.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: cento cincuenta e oito mil seiscentos setenta e sete euros con sesenta e nove céntimos de euro (158.677,69 €), máis trinta e tres mil trescentos vinte e dous euros con trinta e un céntimos de euro (33.322,31 €), correspondentes ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de cento noventa e dous mil euros (192.000,00 €).

7. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe; b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3. do PCAP.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, situado na planta 0 do Edificio Administrativo desta consellería en San Lázaro (enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

10. Apertura de ofertas: a apertura pública do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, no décimo día natural contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentacións das proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

11. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2013

P.D. (Orde 19 8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar