Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo acordo de iniciación de expediente de reintegro de subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 8 de outubro de 2008.
Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación
ANEXO
Entidade: Asociación Mulleres Progresistas de Galicia.
Enderezo: rúa Simón Bolívar, 21, 7º C, 15011 A Coruña.
Nº expediente: TR352A 2008/728-0.
Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 4 de decembro de 2012.
Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 19 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2008, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cantidade que ten que reintegrar: 3.240,14 euros.