Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Inmobiliaria Portela Barro, S.L.
Domicilio social: rúa Juan Bautista Andrade, 117, 36005 Pontevedra.
Denominación: CT nº 2 polígono industrial de Sequeiros.
Situación: Barro.
Características técnicas: centro de transformación nº 2, de 400 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no polígono industrial de Sequeiros, en Monte Sequeiros, Curro, concello de Barro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra