Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2013/15-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Inmobiliaria Portela Barro, S.L.

Domicilio social: rúa Juan Bautista Andrade, 117, 36005 Pontevedra.

Denominación: CT nº 3 polígono industrial de Sequeiros.

Situación: Barro.

Características técnicas: centro de transformación nº 3, de 400 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no polígono industrial de Sequeiros, en Monte Sequeiros, Curro, concello de Barro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra