Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos do Incio e Bóveda (expediente IN407A 2012/90-2, 8058 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificación nº 1 a proxecto de recuamento liñas MT por execución corredor Sarria-Monforte treito I (3ª fase) Chorente-Noceda.

Situación: concellos do Incio e Bóveda.

Características técnicas:

– Recuamento no p.q. 6+200 a p.q. 6+800 da LMTA Xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente C14/2000 B-12 e final no apoio de formigón proxectado B-18B; entre estes apoios intercálanse tres apoios novos de formigón e tres novos tubulares metálicos, cunha lonxitude de 651 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 6+200 da LMTA a CT Santa Cruz de Oural a 20 kV, con orixe no apoio tubular metálico prexectado B-13 da LMTA Xeral SAR804 e final no apoio de formigón proxectado B-13-1, sobre o cal se instala o CT intemperie Santa Cruz de Oural (50 kVA), cunha lonxitude de 43 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 7+020 a p.q. 6+620 da LMTA Xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente B-42 e final no apoio de formigón proxectado B-50; entre estes apoios intercálanse sete apoios novos, cunha lonxitude de 837 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 7+020 da LMTA a CT Rubián de Cima II a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente B-42 da LMTA Xeral SAR804 e final apoio proxectado de formigón B42-1, cunha lonxitude de 163 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 8+000 a p.q. 9+400 da LMTA Xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente B-117 e final no apoio de formigón proxectado B-129; entre estes apoios intercálanse once apoios novos, cunha lonxitude de 1.303 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 9+400 da LMTA Xeral SAR804 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 16 e final no apoio metálico existente nº 17, cunha lonxitude de 68 metros en condutor LA-110.

– Recuamento no p.q. 9+400 da LMTA a Vilar de Vara, Fruxil e outros a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 16 e final apoio proxectado de formigón nº 16-1, cunha lonxitude de 115 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 12+640 da LMTA Xeral MOF802 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón existente nº 0 e final no apoio de formigón proxectado nº 1, cunha lonxitude de 154 metros en condutor LA-56.

– Recuamento no p.q. 12+640 da LMTA Xeral MOF802 a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 2 e final no apoio de formigón existente nº 3, cunha lonxitude de 112 metros en condutor LA-56.

– LMTS Xeral MOF802 no p.q. 12+640, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 1 e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 2, cunha lonxitude de 115 metros en condutor tipo RHZ-150.

– LMTS Xeral SAR804 no p.q. 9+400, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio B-129 e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio nº 16, cunha lonxitude de 120 metros en condutor tipo RHZ-240.

– Centro de transformación intemperie Santa Cruz de Oural sobre apoio de formigón proxectado, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo