Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Oza dos Ríos (expediente IN407A 2012/148-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Gestal.

Domicilio social: Aldea Frais, 78 baixo, 15380 Oza dos Ríos.

Denominación: CS e CT 400 kVA para subministración de electricidade ao serradoiro.

Situación: Aldea de Frais, 78, Parada, Oza dos Ríos.

Características técnicas: CS prefabricado, celas de entrada, saída e cela de liña, CGMCOSMOS-Ormazábal, 24 kV-400 A e CT formado por cela de liña (ídem), de protección e medida, transformador aceite 400 kVA, 15-20/0,42 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o disposto nos artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña