Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica recuamento subestación de Verín, no concello de Verín (expediente IN407A 2012/35-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento subestación de Verín.

Situación: Verín.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 53 m dobre circuíto Laza-circunvalación con derivación ao CT a Ponte Melo (32CK93) e condutor LA 110/116.2 mm2, con orixe na celosía metálica D4 paso aéreo a subterráneo da LMT 811 (Laza) e 812 (circunvalación), e remate na celosía metálica D5.

– LMT aérea a 20 kV de 34 m ao CT Ponte Melo (32CK93) e condutor LA 56/54,6 mm2, con orixe na celosía metálica D4 en derivación desde a LMT 812 (circunvalación) e remate no CT Ponte Melo (32CK93).

– LMT ao CT estrada de Vilaza, aérea a 20 kV de 145 m e condutor LA 56/54,6 mm2, con orixe no poste nº 22 da LMT 810 Xinzo-Cualedro e remate no CT Vilaza (32AR33).

– LMT polígono industrial Pazos-80X, subterránea a 20 kV de 1.733 m e condutor RHZ1, con orixe na cela da liña da subestación Verín II e remate na cela de liña ao centro de seccionamento polígono Pazos.

– LMT Monjas 804, subterránea a 20 kV de 3.636 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña da subestación Verín II e remate no empalme 804 Monjas ao CT de formación profesional 32SL15.

– LMT de formación profesional-809, subterránea a 20 kV de 4.036 m condutor RHZ1, con orixe na cela de liña subestación Verín II e remate na LMT 809 ao CT avda. Portugal, 40 (32SGY9).

– LMT Vilardevós-807, subterránea a 20 kV de 3.314 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña da subestación Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo celosía metálica D14 VER 807 Vilardevós, 7.

– LMT Feces-808, subterránea a 20 kV de 3.314 m en condutor RHZ1, con orixe na cela de liña subestación Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo número D14 VER 807 Feces, 8.

– LMT Laza-811, subterránea a 20 kV de 3.226 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña subestación Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo número D4 da LMT dobre circuíto Laza-circunvalación con derivación ao CT Ponte Melo (32CK93).

– LMT circunvalación-812 ,subterránea a 20 kV de 3.226 m e condutor RHZ1, con orixe na cela de liña subestación de Verín II e remate no paso aéreo a subterráneo número D4.

– LMT Cualedro-Xinzo 810, subterránea de 1.454 m e condutor RHZ1 con orixe na cela de liña subestación Verín II e remate na cela de liña no centro de seccionamento Pazos (32CJ69).

– LMT ao CT de formación profesional (32SL15), subterránea a 20 kV de 362 m e condutor RHZ1 con orixe nos empalmes da LMT subterránea existente 804 Monjas ao CT Río Támega 32SZ47 e remate nas celas de liña do CT de formación profesional 32SL15.

– CT intemperie estrada de Vilaza proxectado de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– CS prefabricado en polígono de Pazos.

Orzamento: 2.352.592,70 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalación de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación esta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 8 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense