Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica recuamento LMTS parque tecnolóxico no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/62-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMTS parque tecnolóxico.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas: recuamento da LMT subterránea a 20 kV de 180 m de lonxitude, con condutor RHZ1 con orixe na LMT existente ao CT nº 2 parque tecnolóxico (32CP52) e remate na LMT existente ao CT nº 3 parque tecnolóxico (32CP53).

Orzamento: 12.002,37 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 8 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense