Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 324/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación da LMTS e do CT Catabois nº 416.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

– Tramo I. Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, con orixe no paso aerosubterráneo da LMT SMR-723, proxectado na fachada do CT Sindicais Catabois (expediente 11723), e final en empalmes proxectados na LMT SMR-711 entre o CTC Sindicais Catabois e o CT Catabois Parrulo (expediente IN407A 71/2004), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

– Tramo II. Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,368 km, con orixe no paso aerosubterráneo da LMT SMR-723, proxectado na fachada do CT Sindicais Catabois (expediente 11723) e final en empalmes proxectados na LMT SMR-723 entre o CTC Sindicais Catabois e o CT Catabois Militar (expediente 7130), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV (SMR-711), cunha lonxitude de 0,431 km, con empalmes proxectados na LMT SMR-711 entre o CTC Sindicais Catabois e o CT Catabois Parrulo (expediente IN407A 71/2004) e final no paso aerosubterráneo proxectado na LMT SMR-711 na fachada do CT Catabois Militar (expediente 7130), despois de realizar entrada e saída no CT Catabois nº 416, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña