Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador PO 9-2012 IC, por infraccións en materia de industria.

Con data do 28 de xaneiro de 2013, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador nº PO 9-2012 IC, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industrial de Pontevedra, contra a empresa Eremo Sistemas Enerxéticos, S.L., CIF B36537744, empresa de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Intentada a notificación da proposta de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle ao interesado o contido da citada proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de 15 días desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos ou informacións que considere convenientes perante a instrutora do procedemento, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na praza da Estrela, s/n, en Vigo.

Vigo, 19 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO 9-20012 IC.

Interesado: Eremo Sistemas Enerxéticos, S.L.

Enderezo: rúa Ramón Cabanillas, 124, 1º A, 36950 Moaña (Pontevedra).

Feitos imputados: unha infracción leve en materia de industria.

Preceptos infrinxidos: artigo 33.4.c) da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia (DOG número 166, do 26 de agosto).

Sanción proposta: 600 euros.