Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6349

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública relativo a unha actividade de comercio de vehículos e xestión ao final da súa vida útil.

Horacio Pardo Fernández solicitou deste concello licenza municipal de actividade para comercio ao retallo de vehículos terrestres e de xestor de vehículos ao final da súa vida útil que se situará no polígono industrial dos Airios, parcelas 48 e 49. Cumprindo co disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP ou DOG, co fin de que poida examinarse o expediente no negociado de licenzas de actividades deste concello e formularse por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

As Pontes de García Rodríguez, 20 de febreiro de 2013

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda, Urbanismo e Coordinación do Goberno