Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0012/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do procedemento sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesada: Encarnación Valdizán Martínez.

Expediente: ES-P-0012/12.

Último domicilio coñecido: avenida da Florida, número 66, 9º H, Vigo, Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0012/12 na que se propón a sanción de 550 € de multa de acordo co disposto no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar documentos ou xustificantes que xulguen convenientes, no prazo de quince días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.