Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 15 de febreiro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Portatón ou Coto Grande, a favor dos veciños do lugar de Corneira, no concello de Leiro.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 6 de febreiro de 2013, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Portatón ou Coto Grande, solicitada polos veciños do lugar Corneira, no concello de Leiro (Ourense) resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 12 de xaneiro de 2012 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños do lugar de Corneira, no concello de Leiro (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 10 de outubro de 2012, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Leiro.

Denominación do monte: Portatón ou Coto Grande.

Comunidade veciñal solicitante: veciños do lugar de Corneira.

Superficie total: 0,8638 ha.

A superficie en clasificación, segundo informe técnico previo do Servizo de Montes, atópase distribuída nas seguintes parcelas:

Parcela 305, polígono 006. Referencia catastral 32041A006003050001LP. Superficie: 0,1424 ha.

Lindeiros:

Norte: camiño público. Sur e oeste: monte comunal de Corneira. Leste: camiño público; Luisa Barreiro (parcelas 234, 235, 236 do polígono 006), herdeiros de Albino Fernández (parcela 237 do polígono 006), herdeiros de Sergio Rodríguez (parcela 012 do polígono 006) e Celso Pérez Rodríguez (parcela 015 do polígono 006).

Nesta parcela figuran encravados 5 cabazos ou hórreos (280, 281, 282, 296 e 306 do polígono 006) de 0,003 ha en total.

Parcela 315, polígono 005. Referencia catastral 32041A005003150001LS. Superficie: 0,2558 ha.

Lindeiros:

Norte: monte comunal de Corneira; José Barreiro Pérez (predio 53 do polígono 005); Luisa Barreiro Barreiro (predios 50, 51 e 52 do polígono 005); sur e leste: camiño público. Oeste: monte comunal de Corneira.

Nesta parcela figuran como encravados unha construcción (parcela 314 polígono 005) de 0,007 ha e 4 cabazos ou hórreos (316, 317, 318 e 319 do polígono 005) de 0,004 ha en total.

Parcela 304, polígono 005. Referencia catastral 32041A006003040001LQ. Superficie: 0,3097 ha.

Lindeiros:

Norte: camiño público; herdeiros de Alfonso Barreiro Barreiro (predios 238 e 011 do polígono 006), Faustino Barreiro Pérez (predios 240 do polígono 006), Rafael Rodríguez Fernández (predios 239 e 241 do polígono 006) e herdeiros de Cándido Pérez Álvarez (predio 242 do polígono 006). Sur: monte comunal de Corneira e camiño público; leste: herdeiros de Fidel Rodríguez (predio 243 do polígono 006), Luisa Barreiro (predio 297 do polígono 006), Josefa González (predio 244 do polígono 006), José Otero Rial (predio 021 do polígono 006), Celso Pérez Rodríguez (predio 250 do polígono 006), herdeiros de Rudesinda González (predio 251 do polígono 006) e herdeiros de Albino Fernández (predio 030 do polígono 006). Oeste: monte comunal de Corneira.

Nesta parcela figuran dous encravados (parcela 279 do polígono 006) con 0,07 ha e (parcela 028 do polígono 006) de 0,09 ha e 13 cabazos ou hórreos (283, 284, 285, 286, 287, 288, 289, 290, 290, 291, 292, 293, 294 e 295 do polígono 006) de 0,006 ha en total.

Parcela 311, polígono 005. Referencia catastral 32041A00600311001LF. Superficie: 0,1559 ha.

Lindeiros:

Norte: camiño público e José Luis González Rodríguez (predios 037 e 038 do polígono 006). Sur: Miguel Rodríguez (predio 37 do polígono 006). Leste: Benita Pérez (predio 38 do polígono 006) e Verísimo Souto (predio 39 do polígono 006). Oeste: camiño público.

Nesta parcela non figuran encravados.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei «son montes veciñais en man común [....] os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e que corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños do lugar de Corneira, no concello de Leiro (Ourense), o monte denominado Portatón ou Coto Grande coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 15 de febreiro de 2013

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense