Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o acordo de inicio do expediente sancionador E.S. 39/13, seguido a Promociones Pazos-Souto 2000, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Promociones Pazos Souto 2000, S.L.U.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador.

Infracción: artigo 64.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector electrico.