Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/130).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: José Ángel Valente, 17-baixo, local 62, 15706 Santiagode Compostela.

Denominación: mellora de electrificación en Prevediños.

Situación: concello de Touro.

Características técnicas:

• Paso aerosubterráneo MT.

Proxéctase a mellora da distribución eléctrica mediante a execución dun novo centro de transformación e seccionamento que se vai situar no núcleo de Insua, alimentado mediante unha liña de media tensión subterránea en triplo circuíto cunha lonxitude total de 57,5 m e un triplo paso aerosubterráneo no apoio nº 18 da LMT Prevediños-Vilar (expediente 2011/197). No CTS Insua colocaranse tres celas de protección de liña, unha para entrada e outra para saída de liña da LMT existente Prevediños-Vilar (expediente 2011/197) e outra para a saída da derivación Sanguiñedo (expediente 2001/402).

Executarase tamén a reforma da rede aérea de baixa tensión (expediente 7964-2) que alimenta os núcleos de Quintás e Insua. Estos núcleos pasarán a ser alimentados desde o novo CT que se situará no núcleo de Insua (deslastrándoos desta maneira do CT Prevediños (expediente 2001/399) aproveitando o trazado da RBT existente, pero mellorando o ramal de inicio desde o citado CT Insua, reemplazando o condutor existente por condutor RZ 3×95+54,6 mm2 nunha lonxitude de 536,9 m e reforzando dous apoios existentes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña