Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de febreiro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01619-O-2012 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

LU-01619-O-2012

3470-HGG

Garda Civil 3904 Y86946B

Francisco Pires Fernández

33692152G

Estrada Xeral, s/n

27790 Barreiros (Lugo)

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso semanal obrigatorio. Menos de 41 h ata 36 h.

12.4.2012; 17.12; A-8; 273,00

Art. 142.3 LOTT
Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.1.c) ROTT

400 euros

LU-01794-O-2012

4892-BYT

Garda Civil 2701 C30220X

José Manuel Moure Hermida

76615379X

San Miguel do Monte, 1

27500 Chantada (Lugo)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 5 % ata o 10 %, en vehículos de máis de 10 a 20 t. Exceso de peso superior ao 8 %

5.10.2012; 2.32; N-VI; 507,00

Art. 142.2 LOTT
Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.1.c) ROTT

361 euros