Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2013, da Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras, polo que se notifica o inicio do procedemento administrativo de cancelación da inscrición da sociedade de corredoría Joaquín Santaclara, S.L.

O 5 de febreiro de 2013 a Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras iniciou o procedemento administrativo de cancelación da inscrición da sociedade Joaquín Santaclara, S.L., inscrita coa clave GX-010 no Rexistro autonómico de mediadores de seguros.

Intentada a notificación persoal, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio deste anuncio, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Joaquín Santaclara Menéndez, en calidade de representante legal da sociedade Joaquín Santaclara, S.L. o inicio do citado procedemento de cancelación.

Infórmase do seu dereito a consultar o texto íntegro da notificación nas dependencias desta subdirección sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque tres, en Santiago de Compostela, así como presentar as alegacións, documentos ou xustificacións que considere pertinentes e obter, se for o caso, copia dela, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 e nos artigos 61 e 84 da citada Lei 30/1992, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2013

Jesús Navazo Ruíz
Subdirector xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras

ANEXO

Procedemento: inicio do procedemento de cancelación da inscrición da sociedade Joaquín Santaclara, S.L. no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Referencia: GX-010_RPX.

Interesada: Joaquín Santaclara, S.L.

NIF: B15594039.

Último domicilio coñecido: avenida Compostela, s/n, Paseo da Estación, Edificio Viaxeiros 1º, do concello de Ferrol.

Notificación: trámite de audiencia de quince días para acreditar documentalmente a vixencia da póliza do seguro de responsabilidade civil e do seguro de caución da sociedade de corredoría Joaquín Santaclara, S.L.