Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 15 de febreiro de 2013 pola que se fai pública unha relación de resolucións de recurso de reposición interpostos contra as resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 correspondentes ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións de recurso de reposición interpostas contra as resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 1 de decembro), correspondentes á avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª pranta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións de recurso de reposición e deixar constancia da súa notificación; advírteselles que, de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

As citadas resolucións de recurso de reposición poñen fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2013

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Luís Esteban Romera Rodríguez

25440730-Q

384/1-11-C

Manuel Núñez Rodríguez

34535117-L

501/1-11-C

Dora Blanco Heras

32662388-L

761/1-11-C