Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de febreiro 2013, de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/101/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Camilo Ares, S.L. para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/101/2012, en relación coas actuacións consistentes en movementos de terra, recheo e depósito de residuos procedentes da construción, que se levan a cabo no lugar de Telleira, O Vilar, parroquia de Franza, concello de Mugardos, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística