Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6224

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO polo que se fan públicas as bases que regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de educador/a social.

As bases xerais que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela, que se publicaron no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 175, do 10 de setembro de 2008, coas rectificacións publicadas no Boletín Oficial da provincia, número 47, do 10 de marzo de 2009, e número 29, do 10 de febreiro de 2012, así como as bases específicas que foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia, número 200, do 17 de outubro de 2012, e a rectificación publicada no Boletín Oficial da provincia, número 21, do 30 de xaneiro de 2013, regulan a convocatoria do proceso selectivo para cubrir a seguinte praza vacante de persoal laboral fixo no Concello de Redondela:

– 1 praza de educador/a social, equiparada ao grupo A2 da función pública, por oposición libre.

Redondela, 31 de xaneiro de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde