Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección do núcleo histórico de Combarro na rúa do Mar 46 (Poio-Pontevedra).

Por medio deste anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Poio (Pontevedra), en sesión do 27 de novembro de 2012, aprobou definitivamente o documento de modificación puntual do Plan especial de protección do núcleo histórico de Combarro na rúa do Mar 46 (Poio-Pontevedra).

O 31 de xaneiro de 2013 remitiuse á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a copia de dous exemplares do proxecto de modificación puntual aprobado definitivamente e unha copia do expediente administrativo, debidamente dilixenciados.

A modificación puntual do Plan especial de protección do núcleo histórico de Combarro na rúa do Mar 46 non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto normativo –ordenanzas– (normativa particular e ficha da parcela 009 da couzada 44798) no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e transcorrido o prazo de quince (15) días sinalado no artigo 65.2 da citada lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ao de publicación da dita normativa no BOP. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se considere oportuno.

Poio, 31 de xaneiro de 2013

Luciano Sobral Fernández
Alcalde