Ramiro Rodríguez Paz, que representa a Sancus Aleaciones, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado á fundición de materiais non férreos, situado na rúa Ricardo Martín Esperanza, número 35, sector C1, do polígono industrial deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, se poida examinar o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.
San Cibrao das Viñas, 14 de febreiro de 2013
Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde