Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6167

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (12/2012).

No procedemento 12/2012 ditouse a resolución que é como segue:

«Resolución:

Estímase integramente a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez contra Eduardo Rodríguez Barreiro, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a lle aboar á demandante a suma de dous mil douscentos euros con vinte e dous céntimos (2.200,22 euros). Condénase o demandado ás custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso, de acordo co indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, agás as sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía, cando esta non supere os tres mil euros.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eduardo Rodríguez Barreiro, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012

O/A secretario/a xudicial