Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6165

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3559/2010).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3559/2010 PM desta sección, seguido por instancia de Francisco Santos Grandal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Talleres Cachaza (Francisco Rodríguez Amado), sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Francisco Santos Grandal contra a sentenza do 18 de marzo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en proceso sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, promovido polo referido recorrente fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, así como fronte á empresa Talleres Cachaza (Francisco Rodríguez Amado), debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Talleres Cachaza, con último domicilio coñecido en Ferrol, A Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de febreiro de 2013

O secretario xudicial