Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/537-1 e dous máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/537-1.

Acta inf. nº: I152012000117171.

Empresa: Vida Ascensores, S.L.

NIF: B70235163.

Enderezo: Rúa da Gaivoteira, 1 baixo, Santa Cruz (Oleiros).

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva dos traballadores).

Normativa infrinxida: artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.2 e 3 e 40.1 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 14.1.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Vida Ascensores, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2012/546-1.

Acta inf. nº: I152012000125154.

Empresa: A.J.P. Guy y otra, S.C.

NIF: J70245071.

Enderezo: Manle de Abaixo, 20, Barro, 15210 Noia.

Materia: obstrución (falta de comparecencia á citación da inspección).

Normativa infrinxida: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, en relación co artigo 8 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 21.1.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa A.J.P. Guy y otra, S.C. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2012/555-1.

Acta inf. nº: I152012000114848.

Empresa: García Arias, Juan Carlos.

NIF: 32787606W.

Enderezo: rúa Castelao, 3B, O Temple, 15679 Cambre.

Materia: seguridade e hixiene (falta de mantemento mínimo das instalacións contra incendios).

Normativa infrinxida: punto 11 da parte A do anexo I do Real decreto 486/1997 e o Real decreto 1942/1993, do 5 de novembro.

Tipificación: artigo 12.16 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 14.1.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a García Arias, Juan Carlos unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 7 de febreiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña