Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de febrero de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2006/0274-4).

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao amparo dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo copia do auto xudicial recaído no procedemento número 61/2011, polo accidente laboral mortal do traballador Valentín Rendo Gómez.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (28.4.2006).

– Copia do auto xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que consideren pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2006/0274-4.

Acta: 89/2006.

Empresa: Excavaciones Luso Galaico, S.L.

NIF: B36257608.

Enderezo: Pintor San Luis, 9, baixo, Vigo.

Vigo, 5 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo