Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentaron os novos estatutos do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (S.N. de CC.OO. de Galicia), nos cales se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no X Congreso celebrado en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xaneiro de 2013, así como a certificación acreditativa dos ditos aspectos, expedida pola secretaria do Congreso, Susana Ameneiros Vilasánchez, avalada co visto e prace da presidenta María Jesús Fernández García.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social