Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación do depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca (Fegapesca).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca (Fegapesca), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación calquera asociación, de calquera ámbito territorial, que estea domiciliada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea debidamente legalizada, que voluntariamente o solicite e que represente a empresas incluídas no sector produtivo pesqueiro.

Asinan a acta de constitución: Antonio Sotelo Gutiérrez en representación da Asociación de Armadores de Buques de Pesca en el Gran Sol (Anasol) e da Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de Vigo (OPPF-4), Álvaro Martínez Riva en representación da Asociación Nacional de Buques Congeladores de Pesquerías Varias (Anavar) e da Organización de Productores de Buques Congeladores de Merlúcidos, Cefalópodos y Especies Varias (OPCC-3), J. Manuel Liria Franch en representación da Asociación Nacional de Armadores de Buques Congeladores de Pesca de Merluza (Anamer), Claudio Fernández Ibáñez, en representación da Asociación Nacional de Armadores de Buques Palangreros de Altura (Anapa), Iván López Van der Veen en representación da Asociación Nacional de Armadores de Buques de Pesca de Bacalao (Agarba), Diego Rodríguez Rodríguez en representación da Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca de Palangre y otras Artes de la Provincia de Pontevedra (Arpoan), José Manuel Saavedra Amoedo en representación da Asociación Provincial de Armadores de Buques de Cerco de Pontevedra (Cerco), e Alberto Freire Plana en representación da Asociación de Empresas Comunitarias en Sociedades Mixtas de Pesca (Acemix).

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social