En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación, onde se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral ordinaria na reunión celebrada o 10 de maio de 2012, en que se recolle a modificación dos estatutos da Federación de Empresarias de Galicia (FEGA).
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social