A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).
3. Data:
Os días 12, 13, 19 e 20 de abril de 2013.
4. Lugar de realización:
Estudios Cacumen.
R/ Concepción Arenal, 18-1º.
27004 Lugo.
5. Número de prazas:
Máximo 20 alumnos.
6. Dirixido a:
Persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo modelo anexo I.
9. Programa:
Día 12.4.2013 |
|
16.00-18.30 h |
Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas. |
18.30-21.00 h |
Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial. |
Día 13.4.2013 |
|
9.00-11.30 h |
Técnicas de aplicación de biocidas. |
11.30-14.00 h |
Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas. |
Día 19.4.2013 |
|
15.30-18.30 h |
Riscos derivados da manipulación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases. |
18.30-21.00 h |
Hixiene e seguridade na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios. |
Día 20.4.2013 |
|
9.00-11.00 h |
Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Destrución de envases. Actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas. |
11.00-13.30 h |
Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas. |
13.30-14.30 h |
Exame tipo test. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013
P.S. (Acordo do 11.1.2013)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade
ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos
biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).
Datas: os días 12, 13, 19 e 20 de abril de 2013.
Lugar de realización do curso:
Estudios Cacumen.
R/ Concepción Arenal, 18-1º.
27004 Lugo.
Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de evaluación.
Horario: o día 12 de abril en horario de 16.00 a 21.00; o 13 de abril en horario de 9.00 a 14.00; o 19 de abril en horario de 15.30 a 21.00; e o día 20 de abril en horario de 9.00 a 14.30.
Nº de prazas: máximo 20 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Estudios Cacumen, r/ Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo. Tel.: 982 24 39 44. Fax: 982 28 41 61, enderezo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com
Fecha límite de presentación de solicitudes: 5 de abril de 2013.
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Apelidos...................................................................................................................................
Nome......................................................................................................................................
NIF..........................................................................................................................................
Enderezo..................................................................................................................................
Localidade................................................................................................................................
Teléfono............................................................ Fax...............................................................
Empresa...................................................................................................................................