Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6223

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data:

Abril 2013: 26, 27.

Maio 2013: 3, 4, 10, 11, 24, 25, 31.

Xuño 2013: 1.

4. Lugar de realización:

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1º.

27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 26.4.2013

16.00-21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 27.4.2013

10.00-14.00 h

Praguicidas (II).

16.00-20.00 h

Manipulación: formulacións e preparacións.

Día 3.5.2013

16.00-21.00 h

Almacenamento e transporte de biocidas. Equipamentos de aplicación.

Día 4.5.2013

10.00-14.00 h

Pragas específicas (I).

16.00-20.00 h

Pragas específicas (II).

Día 10.5.2013

16.00-21.00 h

Aplicación de raticidas e rodenticidas. Aplicación de insecticidas e acaricidas. Exercicio práctico.

Día 11.5.2013

10.00-14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00-20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección. Exercicio práctico.

Día 24.5.2013

16.00-19.00 h

Exercicios prácticos.

19.00-21.00 h

Praguicidas e ambiente (I).

Día 25.5.2013

10.00-14.00 h

Praguicidas e ambiente (II).

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguridade (I).

Día 31.5.2013

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguridade (II).

Día 1.6.2013

10.00-13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

P.S. (Acordo do 11.1.2013)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos
biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas:

Abril 2013: 26, 27.

Maio 2013: 3, 4, 10, 11, 24, 25, 31.

Xuño 2013: 1.

Lugar de realización do curso:

Estudios Cacumen.

R/ Concepción Arenal, 18-1º.

27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 26 de abril, 3, 10, 24 e 31 de maio en horario de 16.00 a 21.00; o 27 de abril, 4, 11 e 25 de maio en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00-20.00; o 1 de xuño en horario de 10.00 a 14.00.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, r/ Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo. Tel.: 982 24 39 44. Fax: 982 28 41 61, enderezo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

Data límite de presentación de solicitudes: 19 de abril de 2013.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos...................................................................................................................................

Nome......................................................................................................................................

NIF..........................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

Localidade................................................................................................................................

Teléfono............................................................ Fax...............................................................

Empresa...................................................................................................................................