Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2012/103-2, 8072 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT San Pedro a PA/S LMT Ribadeo 1, derivación a CTI Lóngara.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

– LMTS en canalización existente e proxectada con orixe no CT San Pedro e final nun paso soterrado a aéreo en apoio existente da LMT Ribadeo 1, cunha lonxitude de 1.555 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– LMTS en canalización proxectada con orixe no CT Compacta (existente) e final no CT Souto III (existente, cunha lonxitude de 1.210 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– Derivación a CTI Lóngara con orixe nun paso aéreo a soterrado e final noutro paso aéreo a soterrado cunha lonxitude de 230 metros en condutor RHZ1-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo