Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-76/2012 RE.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 7 de febreiro de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-72/2012 RE.

Denunciada: Feldespatos Sarreaus, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.