Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2012/104-2, 8073 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: saídas 20 kV subestación Ribadeo-CS Eroski-CS Lidl.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

Obra civil.

– Canalización formada por dous tubos de diámetro 160 mm cunha lonxitude de 112 metros.

– Canalización formada por catro tubos de diámetro 160 mm e un de 63 mm, cunha lonxitude de 512 metros.

Obra eléctrica.

– LMTS con orixe nun empalme na LMT Ribadeo (en execución) e final no CS Eroski, cunha lonxitude de 750 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– LMTS con orixe no CT Dompiñor (existente) e final no CS Lidl (existente), cunha lonxitude de 1.330 metros de condutor tipo RHZ1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo