Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de febreiro de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 18 de agosto de 2010 ditada no expediente núm. IU1/159/2009, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de xaneiro de 2013, a resolución pola cal se inadmite por extemporáneo o recurso potestativo de reposición interposto por Gumersindo Rodríguez Vilariño, contra a Resolución do 18 de agosto de 2010 ditada polo subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas obras consistentes na instalación de caseta metálica, de autocaravanas e de contedor metálico, e obras de construción de barbacoa e de alboio de ladrillo, no lugar de Margaridas, parroquia de San Martiño de Dorneda, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística