Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2013 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Explotaciones Fervenzas, S.L. (clave DH.D15.30743).

O 8 de xaneiro de 2013 foi ditado requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Explotaciones Fervenzas, S.L. (t.m. Aranga).

Intentada a notificación do devandito acto por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de comparecer nestas oficinas para procederse á notificación do devandito acordo e de presentar as alegacións que conveñan ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia