Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de febreiro de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente núm. IU2/103/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia de Andrea González González, no expediente núm. IU2/103/2011-R1 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 5 de decembro de 2012, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na ampliación dunha edificación existente, na Estrada pola Vía, 55, barrio de Area Alta, parroquia de Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

O expediente mencionado encóntrase ao dispor da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que coide procedentes.

Para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística